15 de septiembre de 2009

Luz verde no Pleno do Congreso á proposición de lei do BNG que propón melloras para os autónomos

Madrid, 22 Setembro 09. O Pleno do Congreso dos Deputados aprobou por unanimidade esta tarde a admisión a trámite da proposición de lei do BNG que insta ao Goberno a introducir una serie de melloras no Estatuto do Traballador Autónomo que benefician ao conxunto dos autónomos. A proposta do BNG recibiu o apoio de todos os grupos parlamentares da Cámara. A partir de agora, a proposición de lei dos nacionalistas galegos entrará a trámite na Cámara. A deputada do BNG, Olaia Fernández Davila, foi a encargada de defender a proposta de lei dos nacionalistas galegos, que basicamente, redundan en dous aspeitos fundamentais. Explicou Davila que na Lei 20/2007, de 11 de xullo, coñecida como o Estatuto do Traballo Autónomo, regúlase a figura do traballador economicamente dependente. “É dicer, o colectivo de traballadores autónomos que desenvolven a súa actividade cunha forte dependencia económica do empresario ou cliente que os contrata”. Dese xeito, o texto normativo recolles medidas e beneficios específicos para o traballador autónomo dependente. Rematar coas diferenzas entre autónomos dependentes e autónomos por conta propia “Esta situación, recalcou Davila, xenerou unha situación de discriminación cos autónomos que exercen a súa actividade por conta propia”. Así aludiu ao feito de que aos traballadores autónomos dependentes se lles recoñece a cobertura de incapacidade temporal e dos accidentes de traballo ao ir e voltar do lugar da actividade, e tamén as enfermidades profesionais. Beneficio que non se contempla para o resto. Menos cotizacións en casos de baixas Outra das cuestións que o BNG quer modificar é o relativo ás cotizacións á Seguridade Social dos autónomos nos casos de baixa de enfermidade, maternal ou paternal. A deputada do BNG subliñou que nestes casos a suspensión da actividade leva aparellada a suspensión de ingresos. Por iso, os nacionalistas galegos reclaman un cambio normativo para que se lles rebaixe o nivel de cotización á Seguridade Social cando non perciben ingresos.